Site icon Crónica3.com A Mariña

A UMAR desplázase ao centro de saúde de Ribadeo de xeito extraordinario pola caótica situación que ven sufrindo desde hai meses

A Mariña 25 de marzo de 2019. A Plataforma Sanitaria anuncia que desplazará a súa Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) de xeito extraordinario ao centro de sáude de Ribadeo o vindeiro mércores 27 de marzo de 11 a 13 horas , despois de saber que durante a semana pasada deixaran de substituirse a tres das seis prazas de medicina de familia , e dúas das seis prazas de enfermería. Segundo informacións ás que tivo acceso este colectivo, esto non é unha situación puntual, senón que se ven repetindo a diario cando @s profesionais collen permisos ou baixas médicas.
A situación é moi grave , pois estase a sobrecargar ao persoal de forma sistemática , incumplíndose e sobrepasándose con moito as recomendacións que o mesmo Sergas anda a publicar nos medios de comunicación para “contentar @s usuari@s e que non se rebelen, xa que están atendendo a máis de sesenta pacientes ao día e mesmo saíu en prensa estes días que o recomendable era non pasar de trinta”- comentan.
Cumplimentaranse reclamacións colectivas para que se substitúan médic@s de familia e a pediatra.
A UMAR levará redactadas reclamacións colectivas demandando a substitución estable, continuada e desde o primeiro día que se produzan as ausencias dos profesionais de familia e fará o mesmo no caso da pediatra , que faltará até o día 28 de marzo, e só vai ser substituída un día, e sólo durante 4 horas. Esta pediatra atende aos concellos de Ribadeo e Trabada.
A Plataforma sanitaria anima a todas as veciñas e veciños dos concello de Ribadeo,e do veciño concello de Trabada no caso da pediatra,a que acudan o próximo mércores a partir das 11 horas ao centro de saúde a formalizar a correspondente reclamación , pois “é a única linguaxe que entenden na EOXI e no Sergas”.

Exit mobile version