Site icon Crónica3.com A Mariña

A UMAR recolle máis de cen reclamacións en Viveiro en demanda dunha pediatra e unha fisioterapeuta

A Mariña, 20 de marzo de 2019. A UMAR, desplazada de xeito extraordinario até o centro de saúde de Viveiro, recolleu máis de cen reclamacións en dúas horas. O interés da veciñanza era tal, que mesmo tivemos que prolongar en case media hora o horario habitual, pois agardamos por algunhas persoas que viñeron desde os seus traballos.
Nesta ocasión recollimos dous tipos de reclamacións.
Por unha banda demandamos que se cubra a ausencia dunha das pediatras, praza que esta sen substituir desde que foi trasladada a antiga titular, quedando un só profesional para os concellos de Viveiro, Ourol e Vicedo. Cando este segundo pediatra falta, como ocurriu hoxe, cubren con médicos de familia durante unhas horas. Hoxe mesmo acudiron nais citadaa, pedindo permiso nos traballos, e ao chegar alí atopáronse con que non había pediatras, manifestando a este colectivo a súa indignación e descontento.
Por outra banda fixemos tamén reclamacións colectivas nas que se pedía a apertura das instalacións do servizo de rehabilitación en quenda de tarde e a dotación estable dunha fisioterapeuta nesta quenda, que alivie a excesiva e vergoñenta lista de espera para recibir tratamento rehabilitador.

Exit mobile version