Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprobada a proposta do BNG para excluír as cotas de capturas accesorias ou accidentais da flota costeira artesanal

Santiago de Compostela, 22 de marzo, 2019. A portavoz de Pesca do BNG, Montse Prado defendeu hoxe unha proposición non de lei que recollía a proposta da Federación Provincial de Pontevedra e o Comité executivo da Federación Galega de Confrarías para consensuar as medidas de exclusión das capturas accesorias ou accidentais da flota costeira artesanal, dos sistema de TACs e cotas, dada a súa multiespecificidade e, polo tanto, o seu escaso impacto no estado dos recursos mariños. Requirir un tratamento distinto e diferenciado da xestión das posibilidades de pesca da frota artesanal con respecto ás frotas industrial e/ou semi-industrial e continuar reclamando que a pesca costeira artesanal quede exenta da obriga de desembarque.
Na defensa da proposición non de lei, aprobada por unanimidade na comisión de Pesca celebrada hoxe no Parlamento galego, a deputada nacionalista, destacou que “as cotas de miseria só producen miseria” e neste sentido, recalcou, que a flota galega vive unha situación de “inxustiza” polo actual sistema de reparto de TACs e cotas para a frota costeira.
A parlamentaria culpabilizou a Unión europea, Estado español e Goberno galego da incompatibilidade entre “a actividade pesqueira e ingresos dignos por desenvolver esa actividade”. Para a deputada, o acordo acadado hoxe supón un paso adiante para que a Xunta faga agora, “o que non fixo a tempo”.
Por outra banda, defendeu unha “exención completa das cotas” e explicou que esta medida só depende da “vontade política”, non do recurso. Prado mostrou a súa satisfacción por un acordo que recolle as demandas do sector e das que o BNG, dixo, se fixo eco para a súa defensa e aprobación no Parlamento galego.
Na súa intervención, denunciou a “indefensión” do sector galego, por parte de gobernos que non o consideran prioritario á hora de negociar e advertiu que a Política pesqueira europea non está pensada nin adaptada á realidade da pesca artesanal porque na UE, criticou, “só escoitan e teñen en conta as demandas dos grandes lobbies pesqueiros”. Sen dúbida, dvertiu, haberá problemas e corremos o risco de que a pesca artesanal quede desmantelada a pesar de tratarse dunha actividade, “sostíbel, sustentábel, respectuosa co medio mariño e da emprego directo a 9.000 persoas”.
As embarcacións de pesca costeira artesanal son de pequeno porte, utilizan artes e aparellos de pesca altamente selectivos, desenvolven a súa actividade pesqueira de forma tradicional, sostíbel, cun baixo volume de capturas de especies moi diversas e de gran calidade, concluíu.

Exit mobile version