O sarxento do parque comarcal de bombeiros Barreiros, Fernando González, explica que “hoy es el día de nuestro patrón, San Juan de Dios, y con este motivo hacemos una celebración el domingo en la que va a haber una exposición, en la plaza del Ayuntamiento de Burela, de los medios y el personal de los cuerpos de emergencia que trabajan conjuntamente con nosotros en la zona. Está Guardia Civil, Protección Civil, Policía Local y Cruz Roja y será en horario de diez a una. A partir de la una habrá una exhibición-simulacro de maniobras de excarcelación y de rescate en altura. Es una jornada de puertas abiertas para todo el mundo, para que la población vea qué medios están a su disposición para cubrir sus necesidades en cualquier momento”.
Pola súa banda, o alcalde de Burela, Alfredo Llano, invita “a todos os veciños e veciñas de Burela e da comarca a pasarse pola Praza do Concello, para poder observar de primeira man a funcionalidade de todos os utensilios que teñen, tanto camións como ferramentas e todo aquilo que empregan para efectuar o seu traballo dunha maneira óptima”.
O rexedor cre que “é interesantísimo vir ata Burela e darse unha volta pola praza do Concello, onde á unha da tarde van facer unha exhibición. Penso que é algo que vai ser moi bonito de ver e ao mesmo tempo nos vai facilitar o coñecemento das cousas que son capaces de facer estes profesionais. Tamén van estar acompañados da Garda Civil, con Tráfico e o Seprona, ademais de Cruz Roja e Protección Civil, ou sexa que imos ter moi boa representación do que é imprescindible para que todo funcione ben”.
Llano insiste en “invitar a toda a xente de Burela a que se dea un paseo pola Praza do Concello de nove a dúas da tarde e de unha a dúas para poder apreciar a exhibición. Tamén invitar a toda a xente da comarca a que se achegue a Burela, é unha boa oportunidade de estar en Burela e de ver esta actuación dos bombeiros de Barreiros”.