Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado do candidato popular de Burela

Burela 8-3-19. Diante a convocatoria do Partido Socialista prevista para esta tarde sobre a miña situación como candidato do PP á alcaldía de Burela, quero aclarar e puntualizar o seguinte:

PRIMEIRO.- Que non son xuíz de paz titular do Concello de Cospeito, senón que son xuíz de paz en funcións dende finais de ano tras expirar o mandato.

SEGUNDO.- Que, nestes momentos, e como todos os grupos políticos saben, as candidaturas non se formalizan ata que se presentan na Xunta Electoral de Zona. Por tanto, ningún de nós somos candidatos oficiais.

TERCEIRO.- Que hai quince días (no mes de febrero) presento un escrito ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que adxunto, no que solicito que se me informe da compatibilidade de desempeñar a función referida coa de formar parte dun grupo político.

CUARTO.- O TSXG contesta que non se me comunicará nada ata despois do 15 marzo, que é para cando está prevista a reunión da presidencia na que abordar este asunto.

QUINTO.- En previsión do comunicado de dito Tribunal, confirmo, e estou en condicións de facelo, que xa solicitei de forma voluntaria, e no marco dun exercicio de absoluta responsabilidade, a baixa como xuíz de paz do citado municipio.

Saúdos,
Manuel Rouco

Exit mobile version