Site icon Crónica3.com A Mariña

Con motivo da celebración do día da árbore a Concellería de Medio Ambiente de Burela organizou un xogo denominado Qué árbore é

Os rapaces coas pistas que lles foron dando as monitoras de Gaia diariamente tiveron que adiviñar de que árbore se estaba a falar. A clase que antes acertara en cada centro era a gañadora, e polo tanto plantaban unha árbore ou recibían unha planta. Neste xogo participaron o CEIP Vista Alegre, o CEIP Virxe do Carme, Eu Son, as dúas escolas infantís e a asociación A Mariña. Xunto aos gañadores e gañadoras dos centros participantes estivo esta mañá a concelleira Noelia Mª Ben.

Exit mobile version