Site icon Crónica3.com A Mariña

Estado Pepe Barrera: Carta da Xunta ao Concello

Ribadeo 21-3-19. A Xunta celebra a rectificación do Concello que agora asume o compromiso coa mellora do campo de xogo do Pepe Barrera, tras ter votado en contra desta iniciativa en diversas ocasións.
Do mesmo xeito a administración autonómica reitera a posibilidade de asinar un convenio de colaboración para achegar de xeito inmediato 46.000 euros dirixidos á melloras nestas instalacións de titularidade municipal e, de xeito complementario, a posibilidade de financiar íntegramente estas obras con cargo a Fondo de Cooperación Local. A Xunta aclara que este instrumento ofrece recursos que son empregados en moitos concellos para diversas obras, entre elas, a mellora de infraestruturas públicas ou servizos como o alumeado. Explica tamén que sería a fórmula máis áxil para poder licitar, adxudicar e executar as obras este mesmo verán, sen necesidade de agardar que outras administracións (como é o caso da Deputación de Lugo) tramiten este expediente de gasto.

Exit mobile version