Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito da convocatoria de Eroski Viaxes, de Burela e Ribadeo, para presentar a súa oferta para este ano

Ribadeo, 10 de marzo de 2019. Éxito da convocatoria de Eroski Viaxes, de Burela e Ribadeo, para presentar a súa oferta para este ano. Máis dun centenar de persoas se deron cita onte, sábado, no hotel Voar para coñecer de preto algunhas das viaxes estrela deste 2019.
Pedro Fraga, xerente de Eroski Viaxes, de Burela e Ribadeo, foi o encargado de conducir o acto, no que interviron Pilar Cabana, de Costa Cruceros; Santiago Vázquez, de Politours; e Borja García, de Mapa Tours.
Unha das primeiras saídas en grupo a un destino estrela será o vindeiro 18 de abril, na Semana Santa, a Dubrovnik, para a que aínda quedan algunhas prazas libres. Sairá un voo directo desde Asturias. As persoas interesadas o único que teñen que facer é poñerse en contacto coas delegacións de Eroski Viaxes en Ribadeo ou en Burela.
En outubro Eroski Viaxes participará na inauguración dun novo barco de Costa Cruceros, o Costa Smeralda, facendo un cruceiro con visitas a cidades como Hamburgo, Rotterdam, Lisboa e Barcelona. Esta saída está prevista para o 21 de outubro e inclúe nove noites a bordo do Costa Smeralda.
E xa o 31 de outubro, con saída directa de Santiago de Compostela, terá lugar unha viaxe a Exipto, que inclúe visitas aos principais atractivos dese país en embarcación e tamén noutros medios de transporte. Xa son varias as reservas efectuadas en Eroski Viaxes para gozar desta proposta viaxeira.
Tras a exposición destas saídas tivo lugar un sorteo de agasallos entre os asistentes: dúas fins de semana de aloxamento en hotel nun destino a elixir entre varias propostas; un vale de 60 euros para gastar en Eroski Viaxes; así como diversos obxectos xentileza de Politours. E a continuación foron servidos viños e pinchos.
Os asistentes tamén puideron gozar da máquina de viaxar de IG10, facendo fotos “como se estivesen nalgúns dos destinos promocionados”.
Pedro Fraga, de Eroski Viaxes, agradeceu a asistencia das máis de 100 persoas que se deron cita onte en Ribadeo chegadas desde Burela, desde Foz, desde Ribadeo e desde outros puntos da Mariña.

Exit mobile version