Site icon Crónica3.com A Mariña

Fomento pon en marcha as obras de rehabilitación estrutural do firme da N-642

Barreiros, 20 de marzo de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou de que hoxe deron comezo as obras que levará a cabo o ministerio de Fomento para a rehabilitación estrutural do firme da estrada N-642, unha vía que é fundamental para as comunicacións na comarca da Mariña.
Esta actuación para a rexeneración do firme da N-642 ten un presuposto de 1.996.484 millóns de euros. Os traballos realizaranse en máis de 21 kilómetros desta estrada. Concretamente, faranse melloras do firme entre os puntos kilométricos 26+950 e 28+800 así como do 36+500 ao 55+000.
As obras comezaron este mércores no término municipal de Barreiros, e consisten na rehabilitación estrutural do firme dunha estrada na que se fixeron dúas actuacións de emerxencia o ano pasado, a primeira por importe de 620.383 euros e a segunda de 729.567 euros.

 

Exit mobile version