Site icon Crónica3.com A Mariña

Homenaxe do Concello de Xove a Josefa Domínguez garcía polos seus cen anos

Este martes, 12 de marzo, o Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad, visitaron a Josefa Domínguez, que cumpriu 100 anos. Acudiron ao domicilio desta veciña en Morás, onde a acompañaban os seus familiares para celebrar este día, facéndolle entrega dun ramo de flores e unha tarta de aniversario. Aos seus 100 anos, Josefa fixo gala do seu bo humor e simpatía

Exit mobile version