López Izquierdo destacou que a labor de Down Lugo busca eliminar as barreiras e igualar e concienciar á cidadanía sobre as persoas con capacidades diferentes que integran a nosa sociedade. A través do programa de promoción da autonomía persoal e social, que conta coa financiación da Deputación, os usuarios aprenden e adquiren habilidades e coñecementos básicos para desenvolverse con autonomía en tarefas do ámbito doméstico, como por exemplo facer a compra semanal, cociñar, poñer unha lavadora…
Down Lugo
A Asociación de Síndrome de Down de Lugo, creada no 1996 por un grupo de pais de persoas con esta alteración xenética, é unha entidade sen ánimo de lucro con ámbito de actuación na provincia de Lugo, que integra a persoas con Síndrome de Down e ás súas familias. O obxectivo principal da asociación é a promoción e realización das actividades que contribúan á mellora da calidade de vida dos 65 usuarios que integran este colectivo, a través da súa plena integración social. Para elo, traballan en diferentes ámbitos: logopedia, reforzo escolar, inserción laboral, afectividade e a sexualidade, teatro, estimulación cognitiva ou ximnasia, entre outros.