Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova concentración dos pensionistas de Barreiros

Barreiros 22-3-19. Como cada venres os pensionistas concéntraronse e deron lectura a este texto:
Bons días a todas e todos. Hoxe, tal como vos dixemos o venres pasado, imos cederlle a palabra á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña, plataforma da que somos membros o Colectivo de Xubilad@s e Pensionistas de Barreiros, e que defenden algo tan importante, e especialmente para nosotros como é a Sanidade Pública, gratuita, e de proximidade, e especialmente tamén, a atención primaria, os nosos centros de saúde e os que servizos que neles se prestan, que cada vez son menos, despois dos recortes do Sr. Feijóo, que dixo fai un ano que despois de roubarnos a nosa Área Sanitaria íamos ter mais e mellores servizos.
Pero de todo eso vai falarnos a continuación, a portavoz da Plataforma, Montse Porteiro, que tamén é veciña nosa.

E antes de que vos fale ela imos simplemente recordar, como vimos facendo desde hai un ano, e como fan en moitos mais sitios da comarca e dos país ,moitos mais xubilados e xubiladas, coma os que hoxe nos acompañan aquí coma cada venres.

Seguiremos insitindo diante de todas as forzas políticas para que defendan as nosa reivindicacións en materia de pensións, porque só se poderá blindar o sistema público de pensións asumindo e levando á práctica os puntos da nosa táboa reivindicativa:

– Derrogación das reformas laborais

– Aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores

– Supresión do factor de sustentabilidade. (a súa aplicación está aprazada ata 2023, mais é necesaria a súa desaparición)

– Pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional

– Recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.

– Consolidación da actualización anual das pensións en base ao IPC

– Blindaxe do sistema público de pensións

– Pensións dignas e con poder adquisitivo

Exit mobile version