Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela, a través da Delegación de Servizos Sociais e do CIM, organizou diversas actividades con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, que tiveron lugar este sábado. Estiveron presididas polo alcalde, Alfredo Llano, e pola concelleira de Muller, Noelia Mª Ben

O programa comezou cunha charla-coloquio, que se celebrou no salón de plenos da Casa do Concello. A actividade levou por título As mulleres movendo Burela a través do asociacionismo dende hai décadas e nela participaron as seguintes asociacións: Amas de Casa Praia da Marosa, que estivo representada por Chicha Osés; Coral Polifónica de Burela con Toñita Baño; e Asociación de Redeiras Cabo Burela con María Jesús Alonso.
Despois a concelleira de Servizos Sociais e Muller, Noelia Mª Ben, deu lectura ao manifesto conmemorativo. A xornada rematou cun xantar organizado pola asociación de amas de casa Praia da Marosa.

Exit mobile version