Tal e como explicou o rexedor “a nova infraestrutura, froito dun contacto constante que vimos mantendo con empresas e técnicos do sector, permitirá situar a Cervo á cabeza en Galicia deste tipo de voos non tripulados, xa que é a primeira pista destas características a carón do mar, que permitirá nun futuro próximo facer probas e utilizar drones para transporte”.
Villares precisou que desde o Concello “cremos e apostamos por este innovador proxecto desde o primeiro momento porque vimos nel unha gran oportunidade de futuro para o noso municipio”.