Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo conmemorou o Día Mundial Forestal ou Día dos Bosques con varias actividades

Cervo 21-3-19. Pola mañá os escolares do municipio desfrutaron dun espectáculo musical e de teatriño de cartón co obxectivo de incidir na importancia que teñen os bosques para protexer o noso planeta “como os mellores aliados para a loita contra o quencemento global e importante fonte de biodiversidade”.

Xa pola tarde, organizado polas delegacións de Xuventude, Medio Ambiente e Servizos Sociais, un grupo de nenos e nenas voluntarios/as compartiron a tarde coas persoas usuarias do Centro de Día Residencia de San Ciprián, e plantaron, conxuntamente, varias árbores na zona axardinada (acacias de constantinopla concretamente).

Foi unha tarde de convivencia interxeracional da que desfrutaron todos/as moito.

Exit mobile version