Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo inviste 15.000 euros na mellora da iluminación do burgo da Senra

En concreto, tal e como explicou o rexedor, Alfonso Villares, quen supervisou hoxe a actuación en compañía do edil de Obras, Plácido Pérez, e dos técnicos municipais “investimos 15.000 euros procedentes das arcas municipais para mellorar a iluminación nesta zona coñecida como o Camiño ao Souto Novo, na Senra”. Así -precisou- “colocamos 8 novos puntos de luz con lámpadas LED coas que gañamos tamén en eficiencia enerxética; ao tempo que reforzamos a iluminación pública na nosa zona rural”.

Exit mobile version