Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro parabeniza a Adrián Ben

O Concello de Viveiro a través da súa alcaldesa felicita publicamente a Adrián Ben polo resultado obtido este pasado fin de semana no Campionato de España Sub-23, no que revalidou o título de campión de España sub-23 de campo a través. Con este resultado é o primeiro atleta que logra revalidar o título nacional sub-23 dende o 2010 e o cuarto que logra este éxito na historia do campionato. Cada título obtido por Adrián Ben é unha mostra máis da súa grandeza e supón un paso máis na consolidación da súa carreira profesional, un novo logro que vén a engardirse a un palmarés repleto de títulos para un atleta que, a pesar da súa xuventude, continúa facendo historia no mundo do deporte.

Exit mobile version