Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de teatro da fundación Eu Son actúa no Vicedo

Este domingo ás 19h actúa na Casa da Cultura do Vicedo o grupo de teatro da Fundación Eu Son. A Fundacion Eu Son é unha fundación Sen ánimo de lucro con sede en BURELA que se adica á protección das persoas con discapacidade intelectual. O obxectivo que persigue é o de mellorar a calidade de vida das persoas adultas con discapacidade intelectual e as súas familias, facilitando e proporcionando os apoios individuais precisos que favorezan a súa autonomía persoal e integración social e laboral na comunidade. Dentro do abanico de actividades que se levan a cabo para conseguir estas metas nace o grupo de teatro no 2013, actividade mediante a cal os 11 participantes encontran unha alternativa de ocio, participan no eido cultural e mostran a súa valía. “Un mal día” é unha miniobra teatral de 30 minutos de duración na que se presentan unha serie de situacións subrealistas que ocorren na consulta medica do Doctor Lòpez, un médico canso de aguantar xente extraña…

Exit mobile version