Só hai tres centros en Galicia que dispoñan deste simulador, e na provincia de Lugo é o único, polo que a directiva aproveita a ocasion para animar a alumnado entre 18 e 30 anos, con ganas de incorporarse ó mundo laboral forestal, a matricularse no ciclo medio en modalidade dual no que, ademais, disporán de prácticas remuneradas nas melllores empresas forestais da Mariña.
Os interesados poden informarse sobre os ciclos no IES San Rosendo. Dende mediados de xuño a principios de xullo estará aberta a preinscripción dos mesmos