Site icon Crónica3.com A Mariña

Seve Salgueiro, acompañado da eurodiputada Ana Miranda, acude este xoves ao parlamento europeo para porlle solucionar ao saneamento da ría de Viveiro

Viveiro 18-3-19. O viveirense Seve Salgueiro que levou moi de cerca o tema do emisario e o saneamento integral da ría de Viveiro, ve con preocupación xunto con toda a equipa do BNG de Viveiro, a posíbel perda de fondos FEDER europeos destinados ao saneamento da mesma que perigan si non se executan as obras dentro do plazo acordado, un importe que suma un total de 2,7 millóns de euros que poden perderse por culpa duns trámites que o Concello aínda non deu xestionado en dous anos e medio.

A actividade do BNG neste asunto foi continuo, rexistrando en xuño de 2017 unha petición de información sobre o estado do convenio asinado por Concello e Xunta de Galiza, sen obter resposta por parte do Goberno Municipal como de constume, tal e como ocorreu cando preguntamos que ían facer co parque Pernas Peón ou en tantas propostas presentadas polo BNG nos últimos anos. Ademais de formular cuestións no Parlamento Galego e Europeo, realizouse un mural reivindicativo e unha recollida de sinaturas na que participaron unha treintena de colectivos viveirenses. A participación de Seve Salgueiro nesta semana nas xornadas sobre a auga no Parlamento Europeo, xunto coa eurodiputada polo BNG, Ana Miranda, será unha nova oportunidade para esixir solucións, amosar a preocupación da veciñanza de Viveiro e deixar ben claro novamente que “a ría de Viveiro non é un vertedoiro”.

Exit mobile version