Site icon Crónica3.com A Mariña

O ministerio de Pesca indica a Fernán Vello que entre 2015 e 2018 rexistráronse 328,40 toneladas de importacións de pescada de Irlanda en Galicia

Madrid, 11 de marzo de 2019. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación ven de responder ao deputado por Lugo no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, que no periodo comprendido entre os anos 2015 e 2018, rexistráronse 318,40 toneladas de importacións de pescada procedentes de Irlanda en Galiza.

Fernán Vello dirixiuse en diversas ocasións ao Ministerio para trasladarlle a alarma e a preocupación do sector pesqueiro de Celeiro e de Burela debido á brusca caída nos prezos da pescada que se detectou o ano pasado. Miguel Anxo Fernán Vello pedía unha investigación sobre o asunto.

Nunha resposta anterior, de novembro pasado, o Goberno recoñecía o problema dos baixos prezos da pescada que afecta ás lonxas de Celeiro e Burela na Mariña, entre outras e admitía o volumen de importacións.

Os anos 2016 e 2017 os de maiores importacións

Ademais, aportaban datos que destacaban as cuantiosas importacións procedentes de Irlanda. Cuestión que levou ao parlamentar por Lugo a demandar ao Ministerio datos pormenorizados e detallados dos últimos anos.

O Ministerio aporta as estatísticas de importacións de pescada de Irlanda desde 2015, con 60,41 toneladas, en 2016 con 117,77 toneladas, en 2017 con 94,67 toneladas, e os dados provisións de 2018, arroxan a cifra de 45,55 toneladas. Un total neste periodo de 318,40 toneladas desta especie pesqueira.

Asemade, e a petición de Fernán Vello, aporta o Ministerio de Pesca a estatística de importación segundo meses do ano 2018, exercicio no que baixaron de xeito considerábel os prezos nas lonxas como as da Mariña onde é unha especie moi aprecidada. Pódese observar como en abril do ano pasado se disparou a introdución de pescada de Irlanda, así como en decembro pasado. Situación que explica a caída dos prezos.

Fernán Vello remarca que a pesca e venda da pescada na Mariña “é unha actividade de coñecemento público, ten un prestixio debido á calidade do produto e que se debería preservar” e lembra que Celeiro e Burela son os principais portos de pescada de Europa.

Miguel Anxo Fernán Vello mantivo encontros co sector da pesca nos portos de Celeiro e de Burela onde, entre outros temas, abordaron esta cuestión.

Exit mobile version