Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela visita este mércores a zona da rúa de Suafonte para escoitar as necesidades dos seus veciños e veciñas

Burela, a 19 de marzo de 2019.- O Partido Popular de Burela visitará este mércores aos veciños e veciñas da zona da rúa de Suafonte, a partir das 17:30 horas. Continúan deste xeito co seu labor de escoita permanente á veciñanza iniciado xa o ano pasado.
Dende o Partido Popular de Burela lembran que esta visita súmase ás xa feitas nestas dúas últimas semanas a outras localizacións de Burela, como son o barrio do Perdouro, o do Campón, a zona Limosa e a coñecida como zona das Casas Baratas.

Desta forma a agrupación local do PP “pode coñecer de primeira man as necesidades e preocupacións dos veciños e veciñas de Burela para así poder deseñar de forma realista e veraz o proxecto do día a día da Burela do século XXI”

En paralelo, dende o PP tamén informan que están inmersos na preparación das campañas electorais que se celebrarán en abril e maio “poñendo a punto toda a súa estrutura”.

Exit mobile version