Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro propón a creación dunha mesa de pacto social, para un Plan Estratéxico de Economía

Viveiro 12-3-19. Debido á falta de iniciativas nestes derradeiros anos de carácter de impulso económico, industrial, laboral e de creación de riqueza: Propoñemos un pacto social para a elaboración dunha mesa de traballo na que participen Políticos, Patronais, Sindicatos, Empresarios e tódolos axentes posibles.

Camiñamos hacia un mundo no que tomar determinadas decisicións a futuro ponen marcar o porvir dos pobos, competir e ter un modelo e pautas que seguir, serán determinantes.

Por iso traemos a este pleno, o compromiso de elaborar un plan no que se estude que medidas se deben tomar para beneficio dos cidadáns.

Debemos deixar un legado próspero, e que garanta a estabilidade económica de Viveiro para os vindeiros anos. Á política vense para realizar feitos, herdanzas de prosperidade, debemos ter visión e misión. Pedimos a aprobación conxunta, sen que quede en papel mollado, o compromiso para a saínte e entrante corporación e equipo de goberno de ter luz neste ámbito de xestión, tan importante e á vez tan pouco atendido.

Antonio Lage-Seara
Grupo Municipal do PP

Exit mobile version