Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación da novela “A fuxida” en Terra Branca, Ribadeo

A novela “A fuxida” vai recorrendo A Mariña e párase o xoves, 14 de marzo, ás 19,30 horas, na tenda de arte “Terra Branca”, na Avenida de Galicia, nº 8, en Ribadeo. Un sincero agradecemento e tamén a miña admiración cara a José Ramón Leal, propietario de Terra Branca e activo axente cultural da nosa Mariña, por convidarme ó seu local e preparar concienzuda e atinadamente este evento. Tamén grazas á gran artista Maika Alonso, que acompañará os meus comentarios literarios coa súa fermosa voz e as súas cancións.

Exit mobile version