Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do curso nacional de Aikijujutsu Kobukai, que terá lugar o 22, 23 e 24 de marzo no pavillón do CEIP Península da Paz

Cervo 8-3-19. Está organizado polo delegado técnico de Galicia deste departamento, Miguel Ángel Rojo, coa colaboración do Concello de Cervo.

O curso será impartido por Jan Janssens, 8º Kyoshi Aikijujutsu Kobukai, alumno directo do Gran Mestre Minoru Mochizuki.

Horarios:

– Venres, de 17:00 a 19:00 horas. Ao finalizar a sesión haberá exames de Cinto Negro.

– Sábado, de 10:30 a 13:30 horas, e de 16:30 a 19:30 horas

– Domingo, de 10:30 a 13:00 horas.

Ademais, mañá sábado, 9 de marzo, Rojo impartirá un curso de Taiji Quan no Pavillón do CEIP Península da Paz, en horario de 10:30 a 13:30 horas; e de 16:30 a 19:00 horas.

Máis información e inscricións no teléfono 670 249 554

Exit mobile version