Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños e persoal do PAC de Viveiro esixen solucións ao PP ante a precariedade da Atención Primaria e de Urxencias

Veciños e persoal do centro de saúde e PAC viveirense volvéronse a concentrar este martes diante deste edificio en protesta pola situación na que o goberno galego mantén a atención primaria pública neste municipio e para reclamar solucións xa. A Xunta négase a reforzar o número de profesionais para urxencias ou especialidades como a de pediatría e tampouco cubre as baixas médicas por enfermidade ou vacacións. Todo isto en detrimento das 15.500 familias de Viveiro e das case 3.000 do Vicedo e Ourol cuxo Punto de Atención Continuada é o viveirense.

Exit mobile version