Site icon Crónica3.com A Mariña

VIA Alfoz celebrará a súa primeira asemblea xeral o domingo 17 de marzo

Alfoz 15-3-19. VIA Alfoz, nome do partido xurdido da agrupación de electores Veciños Independentes de Alfoz,  celebrará a súa primeira asemblea xeral o vindeiro domingo 17 de marzo, ás 11:30 no Centro Sociocultural de Alfoz. Nesta Asemblea elixirase a primeira Dirección Executiva do partido, órgano xestor que será o encargado de elaborar o programa, así como de elixir a candidatura para as próximas eleccións municipais.

A nova Dirección Executiva estará formada polo Presidente, o Vicepresidente, o Tesoureiro, o Secretario e os Vogais. Neste sentido preténdense crear seis vogalías, correspondentes a Acción Social, Innovación, Territorio, Coñecemento, Participación e Economía, así como unha Vicesecretaría de Organización e Portavocía. Os membros da dirección serán elixidos entre os diferentes militantes que se integraron no partido na campaña de captación de afiliados que se está a levar a cabo. Ademais, na orde do día da Asemblea tamén se contempla a ratificación dos acordos da actual Dirección Executiva provisional, a dación de contas da xestión dos membros electos e a información e seguimento do plan de traballo de cara ás próximas eleccións municipais.

Exit mobile version