Site icon Crónica3.com A Mariña

Video clip mariñán para o grupo de rap Dios Ke Te Crew

Cervo, 25 de marzo de 2019.- O grupo de rap galego Dios ke te Crew vén de estrear o video clip “Melancolía”, título dunha das cancións que conforman o seu novo álbum O ciclo da serpe. Xaime Miranda, director deste traballo audiovisual, rodado integramente na Mariña – concretamente nos concellos de Barreiros e Ribadeo-, contou co mariñán Iago Villarino, para a dirección de fotografía; para dar vida aos personaxes da historia que narra o video clip, contou coa colaboración dos veciños da zona Ramón Becerra, Ana Acevedo, o neno Iago Balseiro e os irmáns Cilia e Marcelo Villarino, entre outros. Así mesmo, Camping A Gaivota e o Bar Moderno, ambos de Barreiros, cederon xenerosamente as súas instalacións para rodar algunhas das escenas que aparecen en “Melancolía”.

LINK A VIDEO: https://www.youtube.com/watch?v=5A0jQapOoRI

Exit mobile version