Site icon Crónica3.com A Mariña

Villares: “É responsabilidade do goberno central facilitar a viabilidade de Alcoa na Mariña”

Cervo, 20 de marzo de 2019.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, amosou hoxe a súa preocupación ante as informacións difundidas sobre Alcoa, “xa que nesta ocasión, tralo anuncio do peche das factorías de A Coruña e Avilés, o escenario preséntase completamente diferente”.
O rexedor precisou que está nas mans do Goberno central “facilitar e garantir a viabilidade da empresa e salvagardar os milleiros de postos de traballo, directos e indirectos, que poden estar en xogo na Mariña; e, lamentablemente, os pasos que se están a dar non parecen que vaian nese camiño”, en alusión ás medidas propostas para compensar ás grandes industrias sobre os gastos eléctricos.
Villares instou ao executivo central a aplicar a mesma vara de medir que emprega en cada Consello de Ministros, aprobando, venres tras venres, decretos sociais sustentados en inxentes cantidades de diñeiro público, a conta de todos os españois “é a súa responsabilidade empregarse a fondo agora para buscar solucións que protexan o emprego na nosa zona; entre todos e todas temos que convencer ao Goberno central para que aplique medidas que defendan o traballo de centos de veciños e veciñas”, sentenciou.

Exit mobile version