Site icon Crónica3.com A Mariña

Voluntariado da delegación local de Foz da AECC en acción

Foz, 19-03-19. Na Delegación Local de Foz iniciamos este ano estreando un novo equipo local programando as nosas actividades e como todos os anos pendentes de aqueles casos de enfermos que, por diversas razóns, necesitan una atención diferenciada, poñendo a súa disposición a información necesaria sobre os servicios gratuítos que a Asociación Española Contra o Cancro ten establecidos para A Mariña, tanto de apoio psicolóxico como de atención social, residencias en caso de desprazamentos para poñer tratamento fora do seu lugar de residencia, etc.
O noso equipo de voluntariado durante estes meses estivo participando activamente nas mesas informativas na campaña de recollida de firmas de apoio o Manifesto pola Investigación do cancro en España promovido por a AECC. Así como tamén catro voluntarios están colaborando diariamente dende o primeiro día na posta en marcha do “Carrito Don Amable”, que a AECC comprometeu co Hospital Público da Mariña co fin de dar compañía, información e entretemento a pacientes e familiares en Oncoematoloxía.

Outro equipo de voluntarios durante este mes tamén esta traballando na organización do Festival do Cancro coincidindo co día internacional do cancro de colon que vamos celebrar o próximo día 30 na Sala Bahía de Foz onde contamos coa actuación solidaria das agrupacións musicais Mar Aberto e Rondalla Latexos, que nos van ofrecer os seus repertorios de cancións e tamén una actuación conxunta. O remate desfrutaremos de unha merenda solidaria por colaboración das pastelerias: Amarena, Xoima, Anduriña, Panadería Bahía, Panificadora del EO, Supermercados Gadis e Concello de Foz.

E cerrando este primeiro ciclo de actividades durante este mes os voluntarios tamén estarán, a nas rúas colaborando na venta de Lotería Nacional correspondente o sorteo extraordinario do 6 de abril a favor da Asociación Española Contra o Cancro.

Exit mobile version