Site icon Crónica3.com A Mariña

80 persoas asistiron á charla sobre primeiros auxilios no deporte, celebrada en Burela

Burela, 6 de abril de 2019. Oitenta persoas asistiron onte, venres, pola tarde á charla sobre Primeiros auxilios no deporte: aprende a salvar unha vida, impartida por Camilo Vázquez, do 061. A actividade, enmarcada dentro da IV Semana do Deporte, que se celebra en Burela foi organizada por Semes Galicia.
Hoxe, 6 de abril, houbo un clínic de pádel, organizado por Activity Center de 12:00 a 14:00 horas. E pola tarde na Praza da Mariña de 16:00 a 18:00 horas houbo un circuíto infantil de BTT, organizado por Cerezo Bikes.
Mañá, 7 de abril, a asociación Pasada das Cabras organiza un paseo pola ruta de sendeirismo circular de Burela. A saída será desde Capitanía Marítima, ás 10 horas. Tamén pola mañá, de 11:00 a 13:00 horas, no salón de conferencias, celebrarase un taller de iniciación ao xadrez para adultos, organizado polo club Reyes y Peones.
E pola tarde terá lugar o torneo de xadrez Reyes y Peones, no pavillón Monte Castelo, en horario de 16:00 a 18:00 horas.

Exit mobile version