Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fundación Eu Son celebra este sábado 13 ás nove e media da noite no Hotel Nordés de Burela unha nova edición da súa cea benéfica anual

Este evento reúne cada ano a usuarios, familias, profesionais, colaboradores co obxectivo de recadar fondos para os proxectos que desenrola a entidade. A Fundación espera reunir a preto de 100 persoas e que a cea sexa un éxito como en anteriores edicións. O prezo é de 30 € . As entradas xa están a venda na Fundación Eu Son, ou no Hotel Nordés ata o 9 de abril. Eu Son quere aproveitar a ocasión para agradecer ós distintos establecementos que colaboran doando agasallos para o sorteo que se celebra ó remate da cea.

Exit mobile version