“As infraestruturas que a comarca da Mariña precisa para o seu desenvolvemento e polas que os mariñaos e mariñás levan décadas agardando pode servir tamén para o despegue definitivo do sector turístico da comarca”, afirmou José Manuel Blanco, que acudiu á Praia das Catedrais xunto a militantes e simpatizantes de Ciudadanos na Mariña.
O candidato de Ciudadanos destacou o “potencial” que a comarca ten desde o punto de vista turístico pero, dixo “son precisas infraestruturas e unha estratexia conxunta e coordinada para poder aproveitalo”.
José Manuel Blanco comprometeu o seu apoio a sectores “vitais” para a creación de emprego na comarca da Mariña: “É necesario garantir o futuro da planta de Alcoa en San Cibrao; axudar ao sector pesqueiro liderado polos portos de Burela e Celeiro; ao sector forestal, que nesta comarca é punteiro; e aproveitar o potencial turístico desta comarca”, resumiu.