Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezou en Foz a campaña Comercio na Rúa que se desenvolve ata o sábado

 Os 25 comercios participantes ofrecen descontos especiais e instalan os seus postos na rúa. Trátase dunha iniciativa do Centro Comercial Aberto, ao igual que a XVI Ruta das Tapas, que terá lugar desde mañá e ata o sábado. Son 15 locais hostaleiros os que ofrecerán as súas creacións a mediodía e pola noite. Desde o CCA lembran que o ano pasado se venderon nesta tradicional cita da Semana Santa 15.000 tapas.

Exit mobile version