Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado do Concello de Mondoñedo sobre a morte violenta dunha gaivota o pasado martes

Mondoñedo, 25 de abril de 2019. En relación coas informacións publicadas sobre a morte violenta dunha gaivota o pasado martes 23 de abril no termo municipal de Mondoñedo, o Goberno local precisa que:
En canto o Concello tivo constancia deste feito, o propio día 23, iniciou un expediente disciplinario ao traballador supostamente implicado.

O traballador tiña ordes de recoller ao animal para que fose trasladado a un centro de recuperación.

Ao mesmo tempo, a Policía Local instruíu o correspondente atestado que xa foi remitido á Fiscalía para que determine se existen indicios de delito, así como o procedemento a seguir.

O Goberno local asegura que este feito non quedará impune e que se responderá con contundencia depurando as responsabilidades que correspondan ante unha conduta que resulta inaceptable.

Exit mobile version