Site icon Crónica3.com A Mariña

Cristina Pérez chama en Foz a votar a En Marea para que a Mariña non quede atrás

 Foz 17-4-19. Facer da Mariña de Lugo “o polo de desenvolvemento que lle corresponde ser na provincia grazas á potencialidade e calidade do sector pesqueiro, do importantísimo sector turístico e ao aproveitamento do medio natural e de industrias como Alcoa” . Tamén“dotar a Galicia dunha representación política á súa altura que faga posible colaborar na gobernabilidade do Estado sen comprometer as nosas propias necesidades específicas”. Eses foron os compromisos que adquiriu a cabeza de lista ao Congreso Cristina Pérez Herraiz no encontro coa cidadanía que tivo lugar ás 20h do 17 de abril na Sala Bahía de Foz, acompañada por Estefanía Otero Rivas (Foz En Marea), Javier Arca Uría (nº2 ao Congreso) e Manuel Germade Mayo (candidato ao Senado).
Especialmente ben recibida polo público foi a aseveración de Cristina Pérez de que “non daremos marcha atrás na defensa dos dereitos das mulleres: xamais permitiremos que nos digan as mulleres nin quen somos nin o que podemos facer”. Ao rematar as intervencións a candidatura respondeu a todas as preguntas que formularon as persoas asistentes dándose un breve e produtivo debate.

Exit mobile version