Site icon Crónica3.com A Mariña

Este luns o profesorado do CEIP Vista Alegre fixo a Xeoruta da Marosa co xeólogo Fran Canosa, grazas á colaboración da Concellería de Medio Ambiente de Burela

Tamén participou Manuel Miranda, de Mariña Patrimonio, asociación sociocultural adicada a defender e divulgar o patrimonio desta zona da Mariña. Esta actividade ten como obxectivo a difusión do curso Erasmus+ KA1 realizado por dous mestres do Vista Alegre en Islandia, onde o respecto polo patrimonio require do seu coñecemento previo.Ten como finalidade que o profesorado coñeza a fondo o patrimonio natural, material e inmaterial que ofrece a nosa contorna, para logo poder concienciar e transmitir ao alumnado o valor deste, axudando así á súa defensa e conservación.

Exit mobile version