Site icon Crónica3.com A Mariña

Feijóo arroupará ao candidato popular nun mitin en Burela

Burela. 4, abril, 2019. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e a presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, arrouparán ao candidato do PP á alcaldía de Burela, Manuel Rouco, nun mitin que se desenvolverá o vindeiro sábado 6 de abril a partir das sete e media da tarde no salón de actos do local da Asociación de Armadores de Burela (ABSA).

Tamén intervirá o cabeza de lista dos populares lucenses ao Congreso dos Deputados, o viveirense Jaime de Olano, que explicará aos participantes as medidas que dende o PP defenderon na cámara baixa durante a última lexislatura en beneficio de tódolos lucenses e, máis concretamente, as demandas que trasladaron a Madrid en relación á comarca da Mariña.

ENCONTRO DE CONFRATERNIDADE

Os populares participarán previamente nun encontro de confraternidade con afiliados e simpatizantes da zona.

Exit mobile version