Site icon Crónica3.com A Mariña

Fran Amil en Foz

 Foz 24-4-19. Este sábado día 27 de abril ás 12 do mediodía, na Sala Bahía de Foz o músico Fran Amil, acompañado de Ricardo Casas ao saxofón, estará en concerto cos Monstros Acústicos.

Este concerto ten de especial, que xunto aos músicos participarán nalgúns números, as alumnas e alumnos da asignatura Música e Movemento da Escola de Música de Foz.

Este grupo coa súa profesora África, leva preparando durante o curso o acompañamento e a coreografía dalgunhas das cancións que escoitaremos no concerto, e ese día terán ocasión de ser tamén protagonistas.

O concerto está organizado pola Asociación de nais, pais e alumnado adulto da Escola de Música de Foz en colaboración coa dirección da Escola e trátase dun formato novedoso, moi interesante a nivel pedagóxico para os alumnos que participan, e un reto tamén para os músicos que, por primeira vez, se ven implicados nunha colaboración deste estilo.

Exit mobile version