Site icon Crónica3.com A Mariña

Cajoto en RadioVoz: “Nótase que hai ganas de cambio e de que haxa de novo un goberno do PSOE que xestione Foz adecuadamente”

Foz, 15 de abril de 2019.- O candidato do PSOE á alcaldía de Foz, Francisco Cajoto, nunha entrevista no programa Voces de Lugo, de RadioVoz, preguntado sobre como está percibindo a cidadanía a campaña dos socialistas subliñou que “nótase nos veciños que hai ganas de cambio e de que de novo haxa un goberno de esquerdas que xestione o noso Concello adecuadamente. Fixemos dende o partido un traballo conxunto, de reunión entre todos os compañeiros para ofrecerlles aos focenses unha alternativa da que estamos convencidos que vai a ser a máis votada”.

“Os socialistas queremos un Foz que se preocupe polo mantemento dos servizos básicos, que aposte polos traballadores públicos e non por externalizar prestacións, que recupere o investimento no rural. Todo iso con compromiso, seriedade, lealdade e sendo fieis a uns presupostos que o PP incumpre ano tras ano”.

Auditoría de contas e mellorar os accesos
Preguntado polas primeiras accións que emprendería en caso de chegar ao goberno municipal, Francisco Cajoto explicou que “realizariamos unha auditoría das contas, pois temos un Concello descontrolado no gasto, as partidas dos presupostos non se cumpren, hai facturas sen xustificar, partidas infladas. Imos a facer un punto e aparte e ser moi rigorosos cos cartos de todos os veciños”.

“Recuperaremos a Avenida da Mariña dirección Burela e a rúa Álvaro Cunqueiro dirección Ribadeo porque actualmente, debido á xestión do PP, existe un caos moi grande na circulación dos principais accesos ao noso municipio

A vista posta no rural
O candidato socialista subliñou que “temos a vista posta no rural, sen descoidar o casco urbano, posto que hai máis de 4.500 veciños de 8 parroquias que foron abandonados polo PP durante estes anos. Temos que incidir e pensar en eles e non só en época electoral. Hai que atender os camiños, os alumeados, os accesos… para que exista igualdade de oportunidades. Non queremos veciños de primeira e outros de segunda”.

Escoita aquí enteira a conversa
https://www.facebook.com/967010066652409/videos/392281264960821/

Exit mobile version