Site icon Crónica3.com A Mariña

Inaugurada a 6ª Edición da Semana das Artes da Mariña

Viveiro 18-4-19. Este martes 17 de Abril inaugurouse a 6ª Edición da Semana das Artes da Mariña ca presencia da viuba de Suso Peña, o alcalde de Foz, o presidente da Mancomunidade, a representante de Cultura da Delegación de Lugo, e o concelleiro de Cultura de Ribadeo,. Artistas, asociacións e público en xeneral asistiron á sexta edición da Semana das Artes dedicada ó artista ribadense Suso Peña, mentre os acordes musicais de Sara Bahía e Felipe Sánchez. Por esta mostra pasarán máis de 1.500 alumnos/as dos centros de ensino da Mariña. A exposición estará aberta ata o 17 de Maio e poderá ser visitada en horario de mañá ata as 12,30. Festivos e fin de semana os sábados de 18 a 20, agás o 1 de Maio. Así mesmo os xoves 9 e 16 de Maio, no mesmo horario se realizarán visitas guiadas. Zili Katova, Pablo Sáez, Otto Treto, Pablo Livio, Renata Otero Regal, Otero Regal, Mauro Leivas, Xoán Guerreiro, Lomarti, Grupo Lag (Lara Buyo e Ana Corujo), David Catá, Verónica Vicente, Ana López Parra, Araceli Larrán, Cristina Basanta, Lucía Vila, Daniel Caxigueiro, Juanel, Alberto Pena, Christian Villamide, José González, e Neira Brochs mostran 23 obras que entran en Diálogo.
Un ano máis temos que reivindicar este espazo único da comarca ( e xa van moitos) como o espazo común de creación artística da Mariña. Programación dotación de persoal e espazo, así como unha política de achegamento da Arte á nosa comarca dada as particularidades de distancia do noso espazo xeográfico, cós centros de cultura galega. Non se pode sustentar no traballo voluntario e desinteresado dos axentes culturais( Artistas, Asociacións) unha labor que está recollida como dereito na Constitución e para a que todos e todas os/as mariñáns aportamos os descontos fiscais pertinentes. A educación na Mariña ten o dereito de poder acceder ó nivel razoable de coñecemento artístico que permitan os orzamentos públicos. A falta de Arte e do seu coñecemento lévanos a unha restrición grave de posibilidades e non solo é unha verba de coñecemento e emocións, é un mundo de oportunidades que transcende máis aló do previsible, xa que estende as expectativas laborais por riba das carencias do propio sistema.
Dende Tá en artes convidamos os/as aproximadamente 83.000 habitantes da Mariña a participación para que isto sexa unha realidade e posibilite saídas de futuro e consolidación do noso único patrimonio natural.

Exit mobile version