Site icon Crónica3.com A Mariña

José Manuel Blanco non fará campaña o día de Venres Santo e asistirá a título persoal coa súa familia á procesión de Viveiro

Lugo, xoves 18 de abril 2019. O candidato de Ciudadanos ao Congreso pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco, non fará campaña o día de Venres Santo para respectar a devoción e o sentimento relixioso das persoas católicas que participan nos actos litúrxicos da Semana Santa que se celebran nas distintas localidades da provincia.

José Manuel Blanco adicará o día a asistir, a título persoal xunto á súa familia, ás principais procesións que se organizan na provincia neste día. En concreto, estará pola mañán, ás 10:00 horas, na procesión do Encontro en Viveiro e pola tarde, ás 18:30 horas, no Acto do Desencravo en Lugo. Antes, ás 17:00 horas, manterá unha xuntanza con membros de Cáritas Lugo.

Exit mobile version