Site icon Crónica3.com A Mariña

Lourenzá en Xogo reunirá a 350 rapazas de España e Portugal nun torneo de Baloncesto

Lugo, 10 de abril de 2019. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto coa Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, presentaron este mércores, no pavillón municipal de Lourenzá a XIV edición do torneo bianual internacional de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, que se celebrará os días 18, 19, e 20 de abril nesta infraestrutura deportiva do concello mariñán.

No torneo competirán un total de 29 equipos, procedentes de España e Portugal, divididos nas categorías sénior, júnior, cadete e infantil. Unhas 350 rapazas que competirán e pasarán tres días no Concello de Lourenzá, onde estarán aloxadas no colexio e na casa da Xuventude, e onde desfrutaran dunha noite lúdica de recibimento, cunha festa celta.

Rivera Capón explicou que “é necesario apoiar o deporte feminino, especialmente o de base, para que as rapazas usen o deporte como mecanismo de empoderamento, e desde o Goberno da Deputación facémolo apoiando iniciativas como esta, para avanzarmos no camiño da igualdade”.

Pola súa banda a Alcaldesa destacou que “é unha cita importante para o concello e para toda a comarca. Imos consolidando o formato bianual, que nos axuda a concentrar un maior número de equipos”, tamén quixo agradecer “a implicación de toda a vila para levar adiante este torneo, grazas á que poderemos acoller as máis de 2.000 persoas que agardamos que se acheguen a Lourenzá durante a fin de semana”.

Equipos e categorías
Categoría Sénior:
C.B. Gavá, Barcelona
Terras da Mariña Lourenzá, Lugo
C.B Balmaseda, Biscaia
Corazonistas Vitoria, Áraba

Categoría Júnior:
S. Corazón Godella, Valencia
C.B. Balmaseda, Biscaia
Corazonistas Vitoria, Áraba
C.B Pontumio, A Coruña
Dosa Salesianos, Biscaia
Ensino, Lugo
Basket Lena, Asturias
C.B.N. Tenerife, Tenerife

Categoría Cadete:
C.B. Gavá, Barcelona
Depordima, Ourense
Terras da Mariña Lourenzá, Lugo
C.D.B de Leça, Matosinhos, Portugal
Corazonistas Haro, La Rioja
C.B.N. Tenerife, Tenerife
Ensino, Lugo
S. Corazón Godella, Valencia
Corazonistas Vitoria, Áraba

Categoría Infantil:
C.B. Gavá, Barcelona
Terras da Mariña Lourenzá, Lugo
B. Balmaseda, Biscaia
Dosa Salesianos, Biscaia
C.B. Pontumio, A Coruña
C.B.N. Tenerife, Tenerife
Ensino, Lugo

Exit mobile version