O obxetivo é seguir premiando a fidelidade dos nosos clientes con algo especial para celebrar esta data, un premio único para unha persoa única.. as nais.
Os interesados poderán participar depositando un tícket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 10€, nas urnas habilitadas en calquera dos negocios asociados ó CCHV.
No reverso do tícket poñerán os seus datos de contacto, nome e teléfono.
Os tíckets serán válidos polas compras realizadas dende o venres 26 de abril ata o domingo 5 de Maio.
Só se poderá participar con tíckets de valor de 10€ ou superior (non se permite a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 10€)
O sorteo realizarase o martes 7 de maio ás 20:30 horas nas oficinas da Asociación, comunicándoselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo tícket ata que apareza gañador.
Os obxetivos perseguidos con tódalas campañas que pon en marcha a asociación, son por unha parte a de premiar a fidelidade dos clientes que apostan por mercar no comercio local, e por outra parte fomentar a unión de tódolos comerciantes da zona para traballar en conxunto e dinamizar o comercio de Viveiro.
As bases do sorteo e toda a información pódese consultar na web www.viveirocentro.com, e no perfil de Facebook, Twitter e Instagram.