Xa no pasado mes de decembro diferentes membros do BNG de Viveiro xunto co deputado do BNG, Mini Rivas, recollían sinaturas de apoio á implantación dunha tarifa eléctrica propia e propoñendo a adopción de medidas prácticas, tanto no desenvolvemento das competencias propias, como instando ao Goberno do Estado a aplicar as pertencentes ao seu ámbito que permitan a diminución do prezo da factura eléctrica e ao fin da discriminación que padece Galiza por este motivo.
“É unha barbaridade que teñamos miles de postos de traballo en perigo polo prezo da electricidade sendo productores de enerxía” engadiu á candidata á alcaldía de Viveiro, Miriam Bermúdez, e continuou: “e temos un claro exemplo no Concello de Muras, gobernado polo BNG, onde a produción eléctrica dos aeroxeneradores beneficia directamente ás veciñas e veciños reducíndolles as facturas da luz, como non se vai a poder facer a nivel de Galiza si somos nós, os galegos, os que máis enerxía exportamos cara o resto do estado?”.