Site icon Crónica3.com A Mariña

O colectivo Pensamento e Sementeira e a asociación Mariña Patrimonio organizan este xoves unha conferencia sobre as baterías costeiras de Viveiro

  Viveiro, 25 de abril de 2019. Este xoves 25, na Biblioteca Municipal de Viveiro terá lugar a conferencia O sistema defensivo litoral no Cantábrico galego. Séculos XVII-XVIII. O caso de Viveiro- Celeiro, que impartirá o historiador Xosé María Leal Bóveda. A actividade, que conta coa colaboración do Concello de Viveiro ten como finalidade dar a coñecer as baterías costeiras de San Xoán e de Celeiro. Estes importantes bens culturais non gozan na actualidade de protección, polo que a asociación Mariña Patrimonio solicitou a súa inclusión no catálogo de bens patrimoniais en marzo de 2018. Malia o tempo transcurrido, a citada asociación non recibiu aínda ningunha resposta por parte de Patrimonio.

A batería de Celeiro, a mellor conservada, podería verse afectada polo corredor da costa norte, de levarse a cabo o proxecto de construción dunha ponte sobre a ría de Viveiro.

Exit mobile version