Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro responde ao PP sobre o problema da costeira da xarda

Viveiro, 11 de abril de 2019. En relación coas manifestacións realizadas a pasada semana polos candidatos ao Congreso do Partido Popular pola provincia de Lugo, Señores de Olano y García Díez, durante a súa visita á Cofradía Santiago Apóstol de Celeiro, sobre a problemática da costeira da xarda dende o Concello de Viveiro quérese facer constar que tales afirmacións non se axustan á realidade, tratando de culpar ao PSOE de non buscar consenso no reparto de cuotas co sector.

Para entender esta problemática hai que remontarse ao ano 2011 cando, gobernando o Partido Popular en España, se instaurou o reparto por porcentaxes de TAC´s e cotas de certas especies, entre elas a xarda, arrastre e cerco con couta individual por barco e para outras modalidades de pesca, como volanta, palangre de fondo, rascos e artes menores, mediante un reparto provincial.

Posteriormente, no ano 2013, a Unión Europea fixo unha redución do 52 % da cuota para a flota española adicada á pesca desta especie. Nese mesmo ano, continuando no goberno estatal o PP e tras a celebración de varias reunións en Madrid para tratar de modificar os criterios de reparto para as embarcacións dedicadas ás chamadas “outras modalidades”, as provincias vascas e cántabra propuxeron que, para as embarcacións citadas, se repartiran as porcentaxes en base aos históricos das descargas dos portos de cada provincia. Unha parte do sector entendeu naquel momento que o reparto proposto non era moi equitativo, pois beneficiaba a esas dúas comunidades propoñentes, xa que nos seus portos, ademais das embarcacións propias, descargaban embarcacións galegas e asturianas -que eran a gran maioría-, polo que tanto Galicia como Asturias quedaban en inferioridade de condicións. Para sacar adiante esta proposta por históricos, durante as negociacións, vascos e cántabros propuxeron a Galicia a cesión de xurelo, máis un 2% da cuota da xarda, coa condición de que Galicia apoiase a proposta para o reparto de porcentaxe polos históricos das descargas; o representante de Galicia aceptou a proposición e instaurouse esta modalidade de reparto.

Nas declaracións realizadas en Celeiro días atrás criticábase a inoperancia do actual goberno sobre esta pesquería; estas afirmacións non se axustan á realidade e caen en saco roto tendo en conta que hoxe mesmo, 11 de abril, celebrouse en Madrid, na Secretaria Xeral de Pesca, co goberno socialista en funcións, unha reunión na que estaban convocadas as sete provincias afectadas por esta problemática, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Asturias, Cantabria, Bizcaya e Guipuzcoa, para tratar de modificar o reparto ao constatar a problemáticas destas embarcacións; o goberno socialista en funcións ten a vontade de revisar o tipo de reparto ante as dúbidas de cómo se está a desenvolver a xestión, pretendendo conseguir un consenso con todo o sector para tratar de cambiar o tipo de reparto e, deste xeito, solventar este grave problema que afecta á pesca galega -entre outras- e que deriva das xestións realizadas anteriormente polos gobernos do Partido Popular.

Unha vez máis, vemos como o Partido Popular pretende desviar a atención culpando a outros gobernos de mala xestión, cando en realidade este é un problema que tiveron nas súas mans para tratar de solucionar dende xa hai 8 anos.

O Concelleiro do Mar,
Jesús Fernández Fernández

Exit mobile version