Site icon Crónica3.com A Mariña

O coñecido blogger Alberto Rivas, experto en turismo e gastronomía, visita Viveiro

 Viveiro, 23 de abril de 2019. O coñecido blogger Alberto Rivas, experto en turismo e gastronomía, estará en Viveiro durante o día de hoxe e mañá grazas a unha iniciativa da Concellaría de Turismo. Durante a súa estancia no noso municipio aloxarase en dous recoñecidos hoteis de catro estrelas e terá a oportunidade de coñecer as diversas opcións turísticas que o noso concello ofrece, centrándose fundamentalmente en disfrutar dos recursos naturais, da gastronomía, do comercio e do turismo activo.

Dende o Concello de Viveiro valórase moi positivamente esta visita, tendo en conta que Alberto Rivas conta cun gran número de seguidores nas súas plataformas dixitais e considerando que as reseñas que poida facer sobre Viveiro suporán, sen lugar a dúbidas, unha importante promoción turística para o Concello de Viveiro.

Quedamos á espera de coñecer as impresións que Alberto Rivas transmitirá aos seus milleiros de seguidores a través das súas distintas plataformas dixitais (alvientoo e maisgrelos), agardando que sirvan para coñecer un pouco máis os recursos que Viveiro ofrece ao visitante.

Exit mobile version