Candia avanzou “sete novas incorporacións que veñen a sumarse a este equipo apoiando, polo tanto, un traballo de 4 anos” e que, ao mesmo tempo “aportarán novas ideas a un programa para o vindeiro mandato que construímos entre todos”.
As novas incorporacións coas que o Partido Popular pretende revalidar a confianza dos veciños e veciñas o vindeiro 26 de maio son Patricia Otero – emprendedora con gran actividade no eido asociativo-, Marcos Candia –traballador do sector eólico- e o profesor de FP Pascual Ares; ademais da funcionaria Ana Mel, o recoñecido deportista Siro Maseda, a psicóloga Pilar Díaz –con gran vocación pola terceira idade- e o empresario responsable dunha recoñecida firma de panadería Aquilino Bouso.
Podes consultar aquí a lista completa
http://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/24-04-2019.pdf#page=53