Site icon Crónica3.com A Mariña

José María García Rivera, exalcalde de Foz, en rotundo desacordo cos “ataques desmesurados e carentes de toda veracidade do actual Alcalde”

 Foz a 20 de Abril de 2019. O exalcalde de Foz, José María García Rivera, quere manifestar un rotundo desacordo cos ataques desmesurados e carentes de toda veracidade do actual Alcalde de Foz ao grupo de persoas que constituíron os Gobernos que el presidiu durante 16 anos (1995-2011) nos cales serviron ao Pobo de Foz dunha maneira totalmente desinteresada.
“Quero deixar claro que o noso traballo foi construtivo, serio e moi apreciado pola Cidadanía de Foz”.
Isto ven a conto de que o actual Alcalde de Foz, D. Javier Jorge Castiñeira, quere utilizarnos coas súas manifestacións para facer política barriobajera e dunha calidade ínfima para perxudicar ó Partido Socialista local. Non o podemos consentir.
En oito anos case que leva gobernando o Partido Popular en Foz, nunca ninguén vería ningunha nota de prensa ou de outra índole relacionada coa xestión política que nós fixéramos pública, sempre manifestei que na política non vale todo e cando un se dirixe aos adversarios políticos debe facelo con rigor, seriedade e sempre dicir o que realmente acontece e non falsear os datos dunha maneira obscena.
Por outro banda non nos explicamos a que ven esta intervención por parte do Sr. Castiñeira manipulando datos de hai oito anos e non axustándose á veracidade das mesmas.
Sr. Castiñeira, hai unha acta oficial de Pleno do Concello de Foz, do 25 de Abril de 2011, que di en que estado quedou o Concello de Foz cando os Gobernantes daquela, é dicir, o Partido Socialista gobernaba o noso Concello.
Os informes oficiais elaborados por Secretaría e Intervención, para que non diga vostede que o dicimos nós, non é así, dino os funcionarios responsables:
Cando vostede di que deixamos pendentes de pago en facturas: 2 Millóns de Euros, os funcionarios din que as deudas cos proveedores do Concello a 8/4/2011, son de , 1.532.394,04. Como saberá isto foi un mes antes das eleccións.
Pero o que nos chama poderosamente a atención é que vostede falsee dunha maneira revanchista e fóra de todo lugar os datos da seguinte cuestión:
O Goberno que a miña persoa presidía en 2011, ata a súa toma de posesión, tivo que facer frente a todas as obrigas de Xaneiro a Xuño co diñeiro que tiña en Caixa e Bancos da praza (nóminas, facturas de inmediato pago, abono de vencemento de préstamos, etc. etc.) ¿por que dicimos isto xa que a vostede non lle interesa contalo? pois porque nese informe de Secretaría e Intervención sí o din, exactamente no punto CUARTO di ese informe que falta por cobrar de Xuño a Decembro: 4.527.048,95 Euros. (Catro Millóns cincocentos vinte e sete mil corenta e oito con noventa e cinco).
A que se refire ese informe.- Pois a que os impostos daquela cobrábanse a partir de Xullo, o imposto de vehículos, en Outubro-Decembro, Contribución Urbana e Rústica, Fondo de Cooperación da Xunta de Xuño a Decembro, Ingresos do Estado de Xuño a Decembro, Dous trimestres de Xuño a Decembro do Canon da Auga.
Isto vostede non llo conta aos veciños e veciñas de Foz, pero sei que a nosa Cidadanía non comulga con rodas de muíño, todo isto cobrouno vostede.

Ademais disto, di o Informe que a Tesourería Municipal emite informe do diñeiro existente nos bancos da praza, e menciona aos Bancos, concluíndo que quedaban en ditos bancos: 515.738, 62 Euros.
“Sr. Alcalde sume isto aos 4.527.048,95€ e verá que vostede en seis meses tiña que ter en caixa máis de 5 Millóns de Euros”.

Con respecto ao tocante das LICENCIAS DE OBRA, que ten que devolver diñeiro por non construír, direille que é normal, iso marcao a Lei, pero sexa legal e diga o que ten que devolver, non é todo e VOSTEDE sábeo, hai unha parte que non se devolve.
Dou a cara por cada un dos homes e mulleres que nos entregamos ao noso Concello facendo as cousas o mellor que puidemos. Admitimos a crítica razoable pero a súa é un completo disparate e sinceiramente non esperábamos esta puñalada trapera de mal gobernante.

Fdo: José María García Rivera (Alcalde de Foz 1995-2011)

Exit mobile version